Tickets for Guerra de Identidade | Auditorio Municipal | Vigocultura

Guerra de Identidade | Auditorio Municipal | Vigocultura

Additional info

Guerra de Identidade | Auditorio Municipal | Vigocultura

  • 01 nov 2019
  • 21:00h (CEST) Europe/Madrid
  • From €8.00
  • Auditorio Municipal do Concello de Vigo, Vigo show map
Event information

GUERRA DE IDENTIDADE en Vigo

VENRES 1 DE NOVEMBRO 21:00 HORAS

Obsesionada coa figura ausente e controvertida do pai, deportista de elite e militar na guerra dos Balcáns, unha muller, metade galega, metade croata, narra a viaxe que traza para coñecer a súa familia. Facendo o espectador confidente e cómplice de segredos inconfesables e cun pano de fondo, que danza entre guerras históricas e conflitos individuais, dá conta da batalla na procura de si mesma, loitando entre o dramático e o cómico, o testemuño e a imaxinación, e a memoria persoal e a colectiva.

 

Compañía: DeuVe

Espectáculo: GUERRA DE IDENTIDADE

Xénero: Teatro documento poético

Dirección: Avelino González

Texto e gravacións: Deborah Vukusic

Iluminación: Salvador del Río

Vestiario: Jandro Villa

Produción: Carlos F.Sanjurjo

Elenco artístico: Deborah Vukusic

Idioma: galego

Idade recomendada: público adulto

Duración: 70 minutos

Prezo: 8 €

 

 

 

Na parte central do plano de butacas existen 4 espazos para cadeiras de rodas, un á dereita, un á esquerda e dous centrais. Tamén existen 4 butacas para os acompañantes das persoas que van en cadeira de rodas ao seu carón na mesma parte central do plano.

Entradas para Guerra de Identidade en Vigo no Auditorio Municipal de Vigo o 1 de novembro

As entradas teñen un prezo de 8€ 

Non quedes sen elas!!

 

Could be of your interest...