Entradas para Habitación 801 | Auditorio Municipal do Concello de Vigo

Habitación 801 | Auditorio Municipal do Concello de Vigo

Información adicional

Habitación 801 | Auditorio Municipal do Concello de Vigo

  • 13 abr 2018
  • Desde 8,00 €
  • Auditorio Municipal do Concello de Vigo, Vigo mostrar mapa
Comprar entradas
Información del evento

Habitación 801 | Auditorio Municipal Concello de Vigo

Habitación 801venres 13 de abril de 2018 as 21:00 horas no Auditorio Municipal do Concello de Vigo.

Vicente, xenerosamente, invítanos a pasar ao seu fogar, ou quizais entremos sen que se dera conta. Todo está completamente destartalado pois, entre os seus “costumes” está a de recolleitar todo aquilo que atopa nos seus paseos matutinos. Unha vez dentro, vemos a Vicente funcionando coas súas rutinas cotiás pero, esa cotidianidade, non ten nada que ver co que podiamos esperar. Enseguida empeza a vivir experiencias alucinatorias que nos farán viaxar da risa ao choro con extremada delicadeza. Descubrirá, e descubriremos, que foi un gran artista e veremos se hoxe é o día para desempoar aquilo que lle deu tantos éxitos. Cunha coidada posta en escena, Habitación 801, é un espectáculo de Circo e Teatro Visual onde, sen dúbida, “as aparencias enganan”.

Os menores deben ir acompañados de un adulto.

Existen 4 espazos reservados para persoas con mobilidade reducida en cadeiras de rodas e 4 butacas ao seu lado reservadas para os seus acompañantes (de ser o caso). Este tipo de entradas poderán mercarse só a través da venda telefónica no teléfono 902044226, na billeteira de Elepé ou na do propio Auditorio o día do espectáculo (de non esgotarse na venda anticipada).

Entradas para Habitación 801 no Auditorio Municipal do Concello de Vigo

As entradas para Habitación 801 no Auditorio Municipal do Concello de Vigo o venres 13 de abril de 2018 as 21:00 horas teñen un prezo de 8 euros.

¡Non quedes sen elas!

También podría interesarte...

Comprar entradas