Evento terminado

Entradas para Helena, xuizo a unha lurpia - T. Atlántico (Fórum Metropolit

Helena, xuizo a unha lurpia - T. Atlántico (Fórum Metropolit

Información adicional

Helena, xuizo a unha lurpia - T. Atlántico (Fórum Metropolit

Información del evento

Entradas para “Helena, Xuizo a unha lurpia” de Teatro do Atlántico en A Coruña

 

  • Data: 10 de novembro de 2017

  • Hora:  20.30 h

  • Lugar: Fórum Metropolitano (A Coruña)

  • Prezo: 9’00 € (carné xove, + 65 anos, desempregados, 7’00 €) (Venda anticipada até o día anterior á función ás 23.59 h, 6’00 €)

Entradas para “Helena, Xuizo a unha lurpia” de Teatro do Atlántico en A Coruña

Nese espazo no que a nosa memoria a converte en INMORTAL, atopámonos con Helena de Troia, a bela Helena, a filla de Zeus e Leda, a esposa de Menelao, a amante de Paris.

Estamos no século XXI. Helena xa non é a bela Helena, senón unha muller con certos signos que nos falan do implacable paso do tempo. Malia iso mantense posuidora dunha enerxía desbordante, habitando nunha especie de tobogán emocional transitado polos intensos episodios da súa travesía vital, na que se mesturan a dor da nena violada por Teseo coa dor da esposa obrigada por Menelao; a paixón da amante namorada do fermoso Paris, co desafío e o rancor para con Zeus, o seu divino pai; a ironía ao redor de moitos dos seus contemporáneos – Aquiles, Ulises-, coa impotencia diante da crueldade da guerra…

 

Texto orixinal: Miguel del Arco

Intérprete: María Barcala

Dirección: Xúlio Lago

Duración: 60 minutos

 

 

También podría interesarte...