Evento terminado

Entradas para Macbeth. O ruido e a furia (Teatro Rosalía Castro)

Macbeth. O ruido e a furia (Teatro Rosalía Castro)

Información adicional

Macbeth. O ruido e a furia (Teatro Rosalía Castro)

Información del evento

Entradas para MACBETH. O RUIDO E A FURIA en A Coruña

Data: 25 de xaneiro de 2019

Horario: 20.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala)

Lugar: Teatro Rosalía Castro (A Coruña)

Entradas: 6,50 / 8,00 / 10,00 / 14,00 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregradas, -20 %) (Familias numerosas, - 25 % (só no despacho de billetes)) 

(Todos os que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada)

(Os beneficiarios de descontos deben presentar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo)

MACBETH. O RUIDO E A FURIA

Adaptación en verso de Manuel Lourenzo.

A traxedia celta de William Shakespeare protagonizada por Xoán Carlos Mejuto, Luis Iglesia, Iria Ares, Carlos Sante e David Perdomo.

Unha viaxe á chaira escocesa, neboenta e insegura. Tambores de guerra. Berros de barro. Versos de sangue, traizón e morte. Feiticeiras retranqueiras e ministras do fado, manipuladoras dos máis bravos guerreiros. Un tempo eterno e circular do que ninguén volta xamais. 

Voltan os tempos escuros. Voltan os tempos de Macbeth.

Duración: 90 min

Espectáculo en galego

 

También podría interesarte...