Event finished

Tickets for MADAME MARIE La Fornal Teatre

MADAME MARIE La Fornal Teatre

Additional info

MADAME MARIE La Fornal Teatre

  • From 22 mar to 23 mar
  • Sala Ingrávida, O Porriño show map
Event information

A compañía manacorí chega este ano cun espectáculo histórico pero, se cadra, de rabiosa actualidade. Unha peza na que as corruptelas e prevaricacións dun estado pisan a dignidade das persoas, que non valen máis ca prata que posúan. Espectáculo en catalá sen sobretítulos.

María Altamir é unha de tantas víctimas invisíbeis do franquismo. O mes de abril do 37 abríuselle unha causa por posuir 85 moedas de prata cando o réxime decretara que os cidadáns e as cidadás tiñan que cambiar as moedas por billetes en papel. A moeda española devaluárase tanto que se o ditador quería ir á guerra tiña que ser coa prata da xente. A señora Altamir era a Madame dun prostíbulo coñecido por “Na Camel·la”.

A falta de coherencia e a credibilidade dun réxime podre pola corrupción e ausencia de principios, e dunha xustiza que no podía ser diferente dos que a patrocinaban, maniféstase cando se investigan os papeis dos arquivos. A súa lectura provoca rápidamente perplexidade, vergonza e indignación. Este caso, indecoroso de comezo a fin, permete en certos momentos ata un sorriso. Resultaría cómico se detrás de todo aquela trama non houbese unha persoa que o pague cunha prolongada estadía na prisón.

 

Could be of your interest...