Evento terminado

Entradas para MARATÓN R.E.M.

MARATÓN R.E.M.

Información adicional

MARATÓN R.E.M.

Información del evento

Maratón!

Volta a maratón da serie de teatro comunitario que dá fin á tempada teatral en Ingrávida.

Unha función cos momentos destacados de toda a serie e con cea con petiscos e bebida (cervexa e auga).

O novo proxecto dos Inestables decide explorar o mundo dos soños e os mecanismos que producen no ser humano o feito de facelo. Soñar nun sentido amplo, estético e metafórico, asi é como desta vez queremos contar que a sociedade cada vez soña menos, desexa menos, está insensibilizándose culturalmente e para iso está tomando “pílulas para non soñar”.
A nosa aportación nesa nova viaxe teatral é ofrecer ao público a posibilidade de repensar a realidade. Unha realidade que está colonizada polos fármacos e polas farmaceúticas, onde semella que xa non somos quen de crear os nosos estímulos, nin sequera quen de cronstruir os nosos propios soños, semella que a manipulación xa se instalou no noso subconsciente.

Co escenario como ferramenta poremos en pé soños da comunidade que nos vai permitir coñecernos, crear vínculos e reflexionar sobre o estado de anmesia cultural que padecemos.

También podría interesarte...