Tickets for No Hay Papel | Auditorio Municipal | Vigocultura

No Hay Papel | Auditorio Municipal | Vigocultura

Additional info

No Hay Papel | Auditorio Municipal | Vigocultura

  • 02 nov 2019
  • 21:00h (CEST) Europe/Madrid
  • From €8.00
  • Auditorio Municipal do Concello de Vigo, Vigo show map
Event information

NO HAY PAPEL en Vigo

SÁBADO 2 DE NOVEMBRO 21:00 HORAS

No hay papel é unha fiestra. Unha casa nova. Tempo sen verse. Dúas irmás, que comparten un don e unha paixón: as palabras. Foron, xa non son. Julia é ou era unha escritora de éxito. Clara é ou era unha xornalista especializada en conflitos bélicos. Procuran traballo, procuran o seu sitio, o seu espazo, o seu papel. Reencóntranse, confróntanse, lémbranse, adóranse, necesítanse, admíranse, critícanse, abrázanse, rómpense, rin, recoñécense. Hai unha decisión tomada e outra por tomar. As dúas, como España, están feitas e construídas a pedazos. Son e senten de xeito diferente ao resto. Son e se recoñecen iguais a todo.

Pero ademais, No hay papel son anacos da historia real de Ángeles Martín e de Beatriz Bergamín, que entrelazan a palabra de Julia e Clara, as súas personaxes na ficción, con textos directos e en primeira persoa sobre si mesmas, expoñéndose perante o público nun exercicio de pornografía emocional sen rede.

 

* Ao rematar o espectáculo haberá un coloquio coas actrices e o editor do libro (editorial viguesa).

 

 

Compañía: Desafora2

Espectáculo: NO HAY PAPEL

Xénero: teatro contemporáneo

Autoría: Beatriz Bergamin

Dirección: Víctor Velasco

Escenografía: Cecilia Bergamín

Deseño de son: Jon Anibal

Deseño de iluminación: Jose Manuel Guerra

Vestiario: Ängeles e Beatriz

Música: Nacho Mastretta – Manuel Penella (Concha Piquer)

Elenco artístico: Ángeles Martín e Beatriz Bergamín

Idioma: castelán

Idade recomendada: + 16 anos

Duración: 70 minutos

Prezo: 8 €

 

 

Na parte central do plano de butacas existen 4 espazos para cadeiras de rodas, un á dereita, un á esquerda e dous centrais. Tamén existen 4 butacas para os acompañantes das persoas que van en cadeira de rodas ao seu carón na mesma parte central do plano.

Entradas para No Hay Papel en Vigo no Auditorio Municipal de Vigo o 2 de novembro

As entradas teñen un prezo de 8€ 

Non quedes sen elas!!

 

Could be of your interest...