Event finished

Tickets for O rei morre (sábado) (Teatro Rosalía Castro)

O rei morre (sábado) (Teatro Rosalía Castro)

Additional info

O rei morre (sábado) (Teatro Rosalía Castro)

Event information

Ciclo Principal: O rei morre de Eugène Ionesco

Teatro Rosalía Castro

18 de maio de 2019 – 20.30 h

Duración: 55 minutos 

Entradas: 14,00 / 10,00 / 8,00 / 6,50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25% (só no despacho de billetes))

(Todos os que acedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada)

(Os beneficiarios dos descontos deben amosar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e do aceso ao recinto)

Despois dunha noite de esmorga, o fatuo rei Berenguer I, que creou un mundo á súa medida, aparece en escena. Os sons da festa que oímos ao entrar na sala desaparecen, e o monarca dun reino de pacotilla, que se cría atemporal, recibe a noticia de que vai morrer. Non quere crelo. Pensa que é un pesadelo e dubida de que ese momento estea preto, polo que non deixa de dar ordes coa soberbia daquel que pensa que controla todo. Asiste así aos últimos momentos da súa vida xunto á súa primeira muller, Margarita, e o seu médico, que intentan conseguir que o rei acepte que está no final da súa vida. Mentres, a súa segunda muller, a raíña María, intenta ocultarlle esta realidade e suavizar a súa agonía.

Con Fernando Dacosta: o rei Berenguer I; Fina Calleja: Margarida, primeira muller do rei; Sabela Gago: médico real; Nate Borrajo: María, segunda muller do rei; Alfonso Míguez: Alfonso, súbdito.

Dirección: Ana Vallés

Compañía: Sarabela Teatro

 

Espectáculo en galego

 

 

Could be of your interest...