Event finished

Tickets for OS FABULOSOS CLEANERS | Auditorio Municipal | Vigocultura

OS FABULOSOS CLEANERS | Auditorio Municipal | Vigocultura

Additional info

OS FABULOSOS CLEANERS | Auditorio Municipal | Vigocultura

  • 24 mar 2019
  • Auditorio Municipal do Concello de Vigo, Vigo show map
Event information

OS FABULOSOS CLEANERS en Vigo

DOMINGO 24 DE MARZO 18:00 HORAS

Os fabulosos Cleaners é un espectáculo de pompas de xabón para todos os públicos. Unha extraordinaria experiencia visual para participar toda a familia.

Dous operarios da limpeza do teatro, descobren por casualidade as múltiples posibilidades que lles ofrecen as súas ferramentas de traballo combinadas con auga e xabón. A partir de aí, os personaxes emprenderán unha excitante viaxe conducidos polas fantásticas pompas e burbullas.

O público sorprenderase e gozará con estas máxicas burbullas; pompas transparentes, con fume, con vapor, pequenas, grandes, estáticas ou voando polo escenario. O espectador camiñará da man destes personaxes por un mundo máxico, cheo de cor e de moito, moito humor, e verase sorprendido dentro dun patio de butacas repleto de miles de pompas de xabón.

 

Compañía: Malasombra Producións

Xénero: teatro

Autoría: Luis Beviá e Xoque Carbajal

Dirección: Marcos Orsi e Xoque Carbajal

Escenografía e deseño iluminación: Xoque Carbajal

Deseño de son:

Luis Beviá, Carlos Mosquera e Marcos Orsi

Vestiario: Carlos Alonso

Elenco artístico: Xoque Carbajal e Jouse García

 

Idioma: Galego

Tipoloxía: Familiar

Recomendado: + 3 anos

Duración: 60'

 

Na parte central do plano de butacas existen 4 espazos para cadeiras de rodas, un á dereita, un á esquerda e dous centrais. Tamén existen 4 butacas para os acompañantes das persoas que van en cadeira de rodas ao seu carón na mesma parte central do plano.

Entradas para OS FABULOSOS CLEANERS en Vigo no Auditorio Municipal de Vigo o 24 de marzo

As entradas teñen un prezo de 5€ 

Non quedes sen elas!! 

 

 

 

 

 

 

Could be of your interest...