Evento terminado

Entradas para Patapatúm | Auditorio Municipal do Concello de Vigo

Patapatúm | Auditorio Municipal do Concello de Vigo

Información adicional

Patapatúm | Auditorio Municipal do Concello de Vigo

  • 21 oct 2018
  • Auditorio Municipal do Concello de Vigo, Vigo mostrar mapa
Información del evento

Patapatúm | Auditorio Municipal do Concello de Vigo

21 de Outubro, 21HORAS

 O Elefante Elegante presenta un novo espectáculo na liña do seu traballo xestual e cunha forte compoñente plástica e musical. Patapatúm propón unha reflexión sobre a presenza dos bens materiais nas relacións entre pais e fillos.

As nais e pais cun relativo poder económico, desexando a felicidade dos seus fillos, adoitan ofrecerlles moreas de xoguetes e intentan buscarlles ocupacións permanentes para estimulalos, para que se desenvolvan e non se aburran. Pero o aburrimento non é sempre negativo, pode ser estruturante e desenvolver a súa creatividade. Por outra banda, pode acontecer que eses obxectos materiais, eses agasallos, intenten colmar a falta de tempo que os proxenitores teñen para adicar aos seus fillos.

 

Entradas para Patapatúm no Auditorio Municipal de Vigo o 21 de Outubro

ENTRADAS PMR. (PERSOAS MOVILIDADE REDUCIDA) 

Existen 4 espazos reservados para persoas con mobilidade reducida en cadeiras de rodas e 4 butacas ao seu lado reservadas para os seus acompañantes (de ser o caso). Este tipo de entradas poderán mercarse en canales online e  través da venda telefónica no teléfono 902044226, na billeteira de Elepé ou na do propio Auditorio o día do espectáculo (de non esgotarse na venda anticipada). As entradas PMR non teñen butaca asignada, xa que son espazos reservados para cadeira de rodas. Non se permitirá o acceso con entrada PMR a persoas que non asistan en cadeira de rodas.

Desconto especial para os membros de ESAD, consulta o desconto por teléfono ou en taquilla.

 Idioma: Galego

Duración: 45´

As entradas teñen un prezo de 5 € 

Público: Infantil 

Non quedes sen elas!!

 

 

También podría interesarte...