Evento terminado

Entradas para Patapatum (Fórum Metropolitano)

Patapatum (Fórum Metropolitano)

Información adicional

Patapatum (Fórum Metropolitano)

Información del evento

Entradas para PATAPATUM de ELEFANTE ELEGANTE en A Coruña

Data: 16 de marzo de 2019

Horario: 18.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala)

Lugar: Fórum Metropolitano (A Coruña)

Entradas: 6,00 € (Abono 3, 15,00 €) (menores de 3 anos, 2,00 €) 

(Todos os que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada)

Sorpresa! E outra! E moitas máis! Unha montaña de agasallos! Grandes, pequenos, lixeiros, pesados, azuis, verdes, laranxas, cadrados, redondos, brandiños, sobre rodas.

Agasallos de todas formas e mesuras, pero sempre divertidos. A familia medra feliz. Os máis pequenos emocionados non dan feito entre tanto xoguete. Pero os maiores, atados pola espiral do tempo con compromisos e obrigas, non son quen de facer un oco na súa apretada axenda para compartir a fantasía cos máis pequenos. PATAPATÚM é unha reflexión sobre o tempo, a crianza e como tapamos e enchemos os baleiros das nosas ausencias.

PATAPATÚM é un espectáculo de teatro visual e sen palabras. Cunha banda sonora inspirada no universo musical dixieland, a máscara e o xogo físico propician un universo cómico que viaxa desde o realismo ata a hipérbole da nosa vida cotidiana.

 

Intérpretes: María Torres, Gonçalo Guerreiro e Pablo Sánchez

Autoría, adaptación e dirección María Torres e Gonçalo Guerreiro

Música: Gueorgui Oganesian, Alberto Grela e Miguel Paz

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Duración: 45 min

Público: + 4 anos

Espectáculo de teatro visual sen palabras

 

También podría interesarte...