Evento terminado

Entradas para Pelos na língua - Talía Teatro (Fórum Metropolitano)

Pelos na língua - Talía Teatro (Fórum Metropolitano)

Información adicional

Pelos na língua - Talía Teatro (Fórum Metropolitano)

Información del evento

Entradas para o espectáculo “Pelos na língua” de Talía Teatro en A Coruña

Data: 16 de maio de 2018

Horario:  20.30 h (Prégase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o aceso á sala).

Lugar: Fórum Metropolitano (A Coruña)

Entradas: 9’00 € (Carne xove, +65 anos, persoas desempregadas, 7’00 €) 

(Todos os que acedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada)

(Os beneficiarios dos descontos deben amosar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e do aceso ao recinto)

Un divertido espectáculo-collage que fala en clave positiva da situación crítica que está vivir a lingua galega.  

Pelos na lingua vai destinado a todo o mundo (e non esaxeramos), independentemente da súa posición respecto á lingua: aos galego falantes, aos que non o son, aos que queren selo pero non se atreven, aos que si queren selo e tomaron esa determinación, aos que non o falan porque non o saben falar ben, aos que lles dá igual que se fale ou non, aos que pensan que o galego debería ser a lingua universal, aos que pensan que debería ser o inglés a lingua universal, aos que cren que a maioría dos galegos falan castelán, aos que cren que a maioría dos galegos falan galego, a políticos, a mestres, a alumnos, a actores, a actrices, a carpinteiros, a carpinteiras, a todos e a todas. Ao mundo enteiro, independentemente da súa lingua. Unha comedia, que dalgún xeito, podería considerarse a segunda parte de Bicos con lingua. Pero non se trata dunha segunda parte como unha continuación da liña argumental, senón que se está a traballar o mesmo tema coa mesma estrutura, aínda que desta vez tratando de darlle un enfoque distinto.

 

Autoría: Avelino González, María Ordóñez, Artur Trillo e Séchu Sende

Intérpretes: Toño Casais, María Ordóñez, Artur Trillo

Dirección: Avelino González 

Duración: 70 minutos Espectáculo non recomendado para menores de 13 anos

 

 

 

 

 

También podría interesarte...