Evento terminado

Entradas para Os Rockenstein | Auditorio Municipal Concello de Vigo

Os Rockenstein | Auditorio Municipal Concello de Vigo

Información adicional

Os Rockenstein | Auditorio Municipal Concello de Vigo

  • 18 feb 2018
  • Auditorio Municipal do Concello de Vigo, Vigo mostrar mapa
Información del evento

Os Rockenstein | Auditorio Municipal Concello de Vigo

Os Rockenstein domingo 18 de febreiro de 2018 as 18:00 horas no Auditorio Municipal do Concello de Vigo.

O profesor Rockenstein é un brillante científico que pasa a súa vida metido no laboratorio investigando novas fórmulas para beneficio da humanidade. Pasa os seus días entre probetas, computadores, tubos de ensaio e microscopios, mentres goza da súa gran paixón: o rock & roll.

Pero Rockenstein está triste, séntese só e, de súpeto, xorde a gran idea da súa vida; crear unha criatura! Un fillo con quen poder compartir o amor pola ciencia e polo rock & roll.

Pero algo falla, a revolucionaria maquinaria que acaba de inventar vólvese tola e non sae un fillo, empeza a cuspir neles ata que saen tres. Non só ten con quen compartir a súa vida e as súas paixóns, ten a súa nova familia con quen montar a “Rockenstein Band”.

Os Rockenstein é un espectáculo de teatro e música con cancións orixinais para público infantil e familiar.

Idade recomendada + 5 anos

Os menores deben ir acompañados de un adulto.

Existen 4 espazos reservados para persoas con mobilidade reducida en cadeiras de rodas e 4 butacas ao seu lado reservadas para os seus acompañantes (de ser o caso). Este tipo de entradas poderán mercarse só a través da venda telefónica no teléfono 902044226, na billeteira de Elepé ou na do propio Auditorio o día do espectáculo (de non esgotarse na venda anticipada).

Entradas para Os Rockenstein no Auditorio Municipal do Concello de Vigo

As entradas para Os Rockenstein no Auditorio Municipal do Concello de Vigo o domingo 18 de febreiro de 2018 as 18:00 horas teñen un prezo de 5 euros.

¡Non quedes sen elas!

 

También podría interesarte...