Evento terminado

Entradas para SALVADOR de Borja

SALVADOR de Borja

Información adicional

SALVADOR de Borja

Información del evento

SALVADOR está a metade de camiño entre o documental e a ficción teatral, con especial énfasis na combinación de texto, movemento, música en directo, e novas tecnoloxías.

 

Un proxecto escénico da Cía. Borja Fernández para un actor/músico e unha video jockey/manipuladora de obxectos, sobre os movementos migratorios, as desaparicións e os encontros. Céntrase na figura dos avós, concretamente nos avós galegos emigrados a mediados do século pasado a Suramérica, e específicamente na misteriosa figura de Benito Fernandes Meirinho, e no seu o impacto na historia recente, na configuración das comunidades, familias e individuos contemporáneos.

 

SALVADOR é o nome da capital de Bahía, en Brasil. Por alí e

por todo o estado emigraron moitísimos galegos nos anos

50 (o último éxodo galego a América), sobre todo do sur de

Galicia, a maioria deles homes e de cinco aldeas da provincia

de Ourense: Ríos, Laza, Pazos, Medeiros e Refogos.

 

De Pazos, Verín, era Benito Fernández Meiriño, o avó paterno

de Borja Fernández; emigrou a Brasil o 5 de decembro de 1959

e desapareceu, ou fíxose desaparecer.

Atopárono 18 anos despois, xunto a “miss garota do verão

sulbahiano 1977” na localidade costeira de Ilhéus, 400 km ao

sur de Salvador de Bahía.

 

Benito demorou 10 anos en escribir dúas cartas, en 1987,

unha pedindo perdón pola súa fuxida, e outra dicindo que

na seguinte carta explicaría ”la verdad cruda y desnuda

de los hechos que me llevaron a dejarlos”. Esa carta nunca

chegou e Benito faleceu en 2004; nunca regresou. El é o noso

protagonista. O que pon a historia en movemento.

 

O detonante.

 

 

También podría interesarte...