Event finished

Tickets for Señora de rojo sobre fondo gris (domingo) (Teatro Rosalía Ca

Señora de rojo sobre fondo gris (domingo) (Teatro Rosalía Ca

Additional info

Señora de rojo sobre fondo gris (domingo) (Teatro Rosalía Ca

Event information

Ciclo Principal: Señora de rojo sobre fondo gris de Miguel Delibes, adaptación de José Sámano, José Sacristán e Inés Camiña

Teatro Rosalía Castro

10 de marzo de 2019 – 20.30 h

Duración: 90 minutos

Entradas: 18,00 / 14,00 / 11,00 / 8,50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25% (só no despacho de billetes))

 (Todos os que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada)

(Os beneficiarios de descontos deben presentar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo)

Un pintor, con moitos anos no oficio, leva tempo sumido nunha crise creativa. Desde que faleceu de forma imprevista a súa muller, que o era todo para el, practicamente non puido volver pintar.

Estamos no verán e outono de 1975. A filla maior de ambos está no cárcere polas súas actividades políticas, e é nesas datas cando xorden os primeiros síntomas da enfermidade da súa nai que a filla vivirá desde dentro da prisión. É outro recordo permanente na vida do seu pai, que tamén agora revive.

Esta obra teatra´cl é o relato dunha historia de amor en camiño desenfreado cara á morte, que nos sitúa naquela España con trazos inequívocos, que nos fala da felicidade e da súa perda, e que chega á intimidade de cada ser humano, e á súa emoción, polo camiño recto e simple da verdade.

En setembro de 1989 estreamos "Las guerras de nuestros antepasados". Hoxe volvemos a Miguel Delibes. 

Despois daquela prodixiosa criatura á que o mestre chamou Pacífico Pérez interpretei personaxes de A. Miller, A. Strindberg, G.B. Shaw, D. Desola, S. Benchetrit, M. Vargas Llosa, P. Schaffer, J.R. Fernández, J. Hatcher, D. Wasserman, A. Machado, D. Mamet... Rodei películas e series de TV.

Sinto que volver a Miguel Delibes, agora co seu sobrecollido Nicolás, supón entregarme a unha tarefa que ben puidese ser ou significar a culminación dunha aventura de traballo e de vida que vén durando xa máis de sesenta anos.

Sexa como sexa... 

Pacífico dicía do seu tío Paco que foi "o home que lle ensinou a mirar". 

Volver a Miguel Delibes é non deixar de aprender a mirar. 

Pasen. E miren. José Sacristán. 

Con José Sacristán

Dirección: José Sámano

Compañía: Sabre Producciones, Pentación Espectáculos, Talycual e AGM

Espectáculo en castelán

Could be of your interest...