Evento terminado

Entradas para Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos

Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos

Información adicional

Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos

Información del evento

Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos

Martes 15 de maio • Teatro Principal • 21:00 h.

Matrioshka Teatro

Este espectáculo é un percorrido pola vida e obra de María Victoria Moreno Márquez que se escribía a si mesma coma unha señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos. Queremos lanzar, un convite aberto a todos os públicos que busquen- precisen-disfruten, de universos de imaxes e letras, de mulleres que viaxan a contracorrente, de accións e camiños por camiñar.

Escritora, mestra, loitadora, artista, defensora da lingua, María Victoria Moreno é pioneira da literatura infantil e xuvenil en lingua galega, mestra apaixoada polo ensino, namorada da boa literatura, e de escoitar e falar cos cachorros dos humáns, como lle gustaba chamar ao seu alumnado.

Sementadora de futuro que exploraba camiños diferentes para mundos mellores coa previsión de advertir das paisaxes fermosas ou das cárcavas perigosas ás xentes que veñen detrás.

Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos mete os pés teatro e camiña no escenario da man de María Victoria para revelar estados de ánimo, ilusións, medos, incertezas e esperanzas, porque nós cremos, coma ela, que As persoas estamos feitas para levar adiante os proxectos máis fermosos.

 

Entradas para Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos no Teatro Principal de Pontevedra

Entrada xeral: 8,00€ por persoa e función (máis gastos de tramitación).

Entrada parados e xubilados: 4,00€ por persoa e función (máis gastos de tramitación).

Billeteira aberta 2 horas antes de cada función.

Ten en conta que para acceder ao recinto cada espectador debe ter unha entrada, independentemente da súa idade e de se ocupa ou non butaca. 

BUTACAS

As funcións teñen as butacas numeradas. 

 

También podría interesarte...