Tickets for Shakespeare en Berlín | Auditorio Municipal | Vigocultura

Shakespeare en Berlín | Auditorio Municipal | Vigocultura

Additional info

Shakespeare en Berlín | Auditorio Municipal | Vigocultura

  • 25 oct 2019
  • 21:00h (CEST) Europe/Madrid
  • From €8.00
  • Auditorio Municipal do Concello de Vigo, Vigo show map
Event information

SHAKESPEARE EN BERLÍN en Vigo

VENRES 25 DE OUTUBRO 21:00 HORAS

Berlín 1933. Esta é a historia de tres amigos. Martín e Elsa, -unha parella de recén casados vinculados ao mundo do cine alemán da época-, e Leo, -un actor de teatro de ascendencia xudía-. Os tres comparten a vida alegre dos anos 30. O cine dos estudos UFA, o teatro e os cabarés berlineses... pero todo isto verase truncado pola ascensión do nazismo ao poder.

Durante catro períodos concretos (1933, 1938, 1941 e 1946) asistimos ao paso do tempo e as súas consecuencias na vida destas tres personaxes. Os acontecementos marcarán os seus rumbos: o incendio do Reichtag, a noite dos cristais rotos, a guerra e o final do xuízos de Nüremberg.

Unha noite terá lugar un suceso que marcará as súas relacións, as súas vidas e o destino de cada un.

 

 

Compañía: Arden Producciones

Espectáculo: SHAKESPEARE EN BERLÍN

Xénero: teatro contemporáneo

Autoría: Chema Cardeña

Escenografía: El Bosc e Filippo Olivieri

Deseño de son e música: José García del Real e David Campillos

Deseño de iluminación: Pablo Fernández

Vestiario: Pascual Peris e Sala Russafa

Elenco artístico: Chema Cardeña, Juan Carlos Garés e Iria Márquez

Idioma: castelán

Idade recomendada: + 14 anos

Duración: 75 minutos

Prezo: 8 €

 

 

 

Na parte central do plano de butacas existen 4 espazos para cadeiras de rodas, un á dereita, un á esquerda e dous centrais. Tamén existen 4 butacas para os acompañantes das persoas que van en cadeira de rodas ao seu carón na mesma parte central do plano.

Entradas para Shakespeare en Berlín en Vigo no Auditorio Municipal de Vigo o 25 de outubro

As entradas teñen un prezo de 8€ 

Non quedes sen elas!!

 

Could be of your interest...