Event finished

Tickets for Somos criminais (Teatro Colón)

Somos criminais (Teatro Colón)

Additional info

Somos criminais (Teatro Colón)

  • From 11 jan to 13 jan
  • Teatro Colón, A Coruña show map
Event information

Entradas para SOMOS CRIMINAIS en A Coruña

Datas: 11, 12 e 13 de xaneiro de 2019

Horarios: venres 11 – 20.30 e 23.00 h; sábado 12 – 18.00 e 20.30 h; domingo 13 – 18.00 e 20.30 h 

(Pídese puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala)

Lugar: Teatro Colón (A Coruña)

Entradas: 11,00 / 13,00 / 15,00 € (1ª fila de Principal, visibilidade reducida, 9,00 €)

Desconto do 20 % con carné novo, + 65 anos, persoas desempregadas 

Desconto do 25 % para familias numerosas (só no despacho de billetes)

 

(Todos os que acedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada)

(Os beneficiarios de descontos deben presentar o documento que acredite o descontó no momento de mercar a entrada e de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo)

 

Todo foi culpa da Fariña.

Touriñán e Blanco, dous cómicos recoñecidos, deciden retarse e currar xuntos nos escenarios.

Unha cousa sinxela, unhas risas, comer ben e sacar pasta. Todo causas nobles.

Pero hete aquí que deciden pedir un texto por currar menos e, craso error, pídenllo a un individuo de aspecto sospeitoso e residente en Ferrol. Un tal Xosé Prieto.

A sabendas de que aqueles dous irresponsables meterían man ao texto, Prieto fai un traballo aseado, correcto e entrega un orixinal que os “artistas” aproban:

Dúas cadeiras, unhas boas bromas e listo.

A forrarse.

Pero hete aquí que van pillados de tempo e deciden botar man como director dun compañeiro de aventuras coa fariña, un de Ourense, Tito Asorey.

E Tito tolea e mete efectos, e pide escenografía e aparece Carlos Alonso e repaña todo o que atopa nos alpendres da súa casa e por riba Touri embala e ficha a Juanjo Rig, un xastre coruñés de moito nivel para o vestiario.

Asorey insiste e quere atrezzo, e disfraces, e Dani Juncal decide iluminar todo eso con focos móbiles e robótica e todo se vai complicando ata chegar ao que ides ver.

Paco Abelleira, Breixo Giraldo, Lois Blanco e Javi López botan unha man no que poden nos ensaios e finalmente a cousa chega a destino.

SOMOS CRIMINAIS está listo.

Como definilo …

Teatro? Pode ser.

Show cómico? Vai ti saber.

Un experimento? Sen dúbida.

Decidan e xulguen vostedes.

 

Idioma: galego

 

 

Could be of your interest...