Event finished

Tickets for The Primitals | Auditorio Municipal Concello de Vigo

The Primitals | Auditorio Municipal Concello de Vigo

Additional info

The Primitals | Auditorio Municipal Concello de Vigo

  • From 05 oct to 06 oct
  • Auditorio Municipal do Concello de Vigo, Vigo show map
Event information

The Primitals | Auditorio Municipal Concello de Vigo

5 e 6 Outubro, 21 HORAS

 

Yllana e Primital Bros únense para abraiarnos cunha divertidísima comedia musical a capela.

Catro aborixes dun planeta que podería ser o noso, reclaman o escenario, dispostos a conquistar o público a gargalladas ou machadazos, pero sempre con música de mil xéneros que, como esponxas, van absorbendo nas súas viaxes polos confíns do espazo tempo.

The Primitals é a estraña e surrealista historia dunha tribo lixeiramente disfuncional, con loitas intestinas, soños de grandeza, desequilibrios mentais e farmacopea milenaria. Xamanismo a catro voces. Traxicomedia a capela.

Vangardismo ancestral. Todo isto e moito máis en THE PRIMITALS.

Entradas para The Primitals no Auditorio Municipal de Vigo o 5 e 6 de Outubro

ENTRADAS PMR. (PERSOAS MOVILIDADE REDUCIDA) 

Existen 4 espazos reservados para persoas con mobilidade reducida en cadeiras de rodas e 4 butacas ao seu lado reservadas para os seus acompañantes (de ser o caso). Este tipo de entradas poderán mercarse en canales online e  través da venda telefónica no teléfono 902044226, na billeteira de Elepé ou na do propio Auditorio o día do espectáculo (de non esgotarse na venda anticipada). As entradas PMR non teñen butaca asignada, xa que son espazos reservados para cadeira de rodas. Non se permitirá o acceso con entrada PMR a persoas que non asistan en cadeira de rodas.

Desconto especial para os membros de ESAD, consulta o desconto por teléfono ou en taquilla.

 

Idioma: Castelán

Duración: 90´

As entradas teñen un prezo de 10 € 

Non quedes sen elas!!

 

 

 

Could be of your interest...