Event finished

Tickets for Todas as Marabillas... | Auditorio Municipal | Vigocultura

Todas as Marabillas... | Auditorio Municipal | Vigocultura

Additional info

Todas as Marabillas... | Auditorio Municipal | Vigocultura

  • 27 oct 2019
  • Auditorio Municipal do Concello de Vigo, Vigo show map
Event information

TODAS AS MARABILLAS DO MUNDO en Vigo

DOMINGO 27 DE OUTUBRO 18:00 HORAS

Producións Dispersas preséntanos  unha personaxe fascinada pola beleza do mundo e as súas marabillas. Unha personaxe que desexa máis que nada coñecer e gozar de todas as cousas fermosas que o noso planeta nos regala.

Un día descobre que as marabillas son tantas, e o mundo é tan grande, que non tería nin o tempo nin os cartiños para poder gozar de toda esa fermosura. Así que sinte unha tremenda frustración.

Deberá aprender a convivir con ela! Durante esa aprendizaxe tamén descubrirá que ten moitas emocións no seu interior e que ás veces é un lío levarse ben con todo o que vive na súa cabeza. O sentido común, o fastío, a vergoña, a alegría, a tristeza, a ira, a paz interior...

 

 

Compañía: Producións Dispersas

Espectáculo: TODAS AS MARABILLAS DO MUNDO

Xénero:  teatro comedia

Autoría, dirección e deseño de son: Diego Freire

Escenografía e monicreques: Daniel D.Calet

Deseño de iluminación: Xurxo Barcala

Vestiario: O Faiado de Nin e Daniel D.Calet

Música: Ramón Feáns e Xabier Mera

Soporte técnico: Dibay Eventos

Elenco artístico: Diego Freire, Beatriz Bravo, Salomé Garrido, Jaime Díaz Paradelo, Raquel Huete e Sandra Pérez

Idioma: galego

Idade recomendada: + 3 anos

Duración: 50 minutos

Prezo: 5 €

 

 

 

Na parte central do plano de butacas existen 4 espazos para cadeiras de rodas, un á dereita, un á esquerda e dous centrais. Tamén existen 4 butacas para os acompañantes das persoas que van en cadeira de rodas ao seu carón na mesma parte central do plano.

Entradas para Todas as Marabillas do Mundo en Vigo no Auditorio Municipal de Vigo o 27 de outubro

As entradas teñen un prezo de 5€ 

Non quedes sen elas!!