Tickets for El Viaje de Ulises | Auditorio Municipal | Vigocultura

El Viaje de Ulises | Auditorio Municipal | Vigocultura

Additional info

El Viaje de Ulises | Auditorio Municipal | Vigocultura

  • 04 oct 2019
  • 21:00h (CEST) Europe/Madrid
  • From €8.00
  • Auditorio Municipal do Concello de Vigo, Vigo show map
Event information

EL VIAJE DE ULISES en Vigo

VENRES 4 DE OUTUBRO 21:00 HORAS

Os deuses gregos moraban a cima do monte Olimpo e gobernaban sobre os seres humanos influíndo sobre estes coa súa protección e co seu abandono. Algúns homes  ousaron  desafiar os seus caprichos e foron vítimas da súa ira. Tal foi o caso de Ulises, quen ao ofender a Poseidón deixando cego o seu fillo Polifemo, este impídelle volver a Ítaca deixándoo vagar sen rumbo por todo o mar Mediterráneo.

A historia de Ulises é a historia da viaxe como metáfora da vida, da loita contra as dificultades e o xeito de resolvelas.

Unha viaxe chea de peripecias únicas e de xogos compartidos onde cada acto, cada escena, é un universo en si mesmo.

Podemos pedirlle a Ulises que nos deixe seguilo na procura da súa Ítaca esperando así atopar tamén a nosa.

Longa vida ao heroe grego.

 

 

Compañía: Teatro Gorakada

Espectáculo: EL VIAJE DE ULISES

Xénero: teatro comedia

Autoría: Julio Salvatierra

Dirección: Jose Carlos García

Adaptación: Idoia Barceló

Escenografía: Javi Tirado

Deseño de son: Igor Iglesias

Deseño de iluminación: Ion Chávez

Vestiario: Ikerne Jimenez

Música: Fran Lasuen

Elenco artístico: Aritza Rodríguez, José Cruz Gurrutxaga, Fran Lasuen e Javi Tirado

Idioma: castelán

Idade recomendada: + 7 anos

Duración: 55 minutos

Prezo:  8 €

 

 

Na parte central do plano de butacas existen 4 espazos para cadeiras de rodas, un á dereita, un á esquerda e dous centrais. Tamén existen 4 butacas para os acompañantes das persoas que van en cadeira de rodas ao seu carón na mesma parte central do plano.

Entradas para El Viaje de Ulises en Vigo no Auditorio Municipal de Vigo o 4 de outubro

As entradas teñen un prezo de 8€ 

Non quedes sen elas!!

 

Could be of your interest...