Evento terminado

Entradas para Vida de Cans | VENRES CULTURAIS 2019

Vida de Cans | VENRES CULTURAIS 2019

Información adicional

Vida de Cans | VENRES CULTURAIS 2019

Información del evento

Vida de Cans en VENRES CULTURAIS 2019

A obra teatral Vida de Cans da compañía Talía Teatro estará representada en Carballo o vindeiro venres 15 de marzo  como parte da programación do VENRES CULTURAIS 2019. A función terá lugar no Pazo da Cultura.

 

Tres actores. Tres cans. Ou tres actores que fan de cans. Sen deixar de ser actores. Sen deixar de ser cans.

Están recluídos nun recinto que lles preparou o seu amo. Moi grande, moi cómodo, moi ameno, moi limpo... pero recinto. Ben

tratados, ben atendidos, ben alimentados,ben acariñados... pero recluídos.

Fóra do recinto está a liberdade. Cos seus desacougos, as súas incertezas, os seus perigos... pero liberdade.

Talía Teatro regresa cunha traxedia... que nunca deixa de ser comedia. Comedia absurda, paródica, metafórica... escrita por

Cándido Pazó.

 

Intérpretes: Toño Casais, Artur Trillo e Dani Trillo /

Vestiario: Martina Cambeiro / Escenografía e

iluminación: Dani Trillo / Dirección e autor: Cándido Pazó.

 

Duración: 1 hora e 15 min | Público: Adulto

Prezo da entrada: 3 € / 2 €

Rede Galega de Teatros e Auditorios 

Entradas para Vida de Cans no Pazo da Cultura o 15 de marzo

As entradas para Vida de Cans no Pazo da Cultura de Carballo teñen un prezo de 3 euros + gastos de xestión. Non perdas VENRES CULTURAIS 2019!

También podría interesarte...