Entradas para Xacarandaina: 40 anos de Música Tradicional (Teatro Colón)

Xacarandaina: 40 anos de Música Tradicional (Teatro Colón)

Información adicional

Xacarandaina: 40 anos de Música Tradicional (Teatro Colón)

  • 06 abr 2019
  • 20:30h (CET) Europe/Madrid
  • Desde 8,80 €
  • Teatro Colón, A Coruña mostrar mapa
Información del evento

Entradas para Xacarandaina: 40 anos de Música Tradicional en A Coruña

Data: 06 de abril de 2019

Horario: 20.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala)

Lugar: Teatro Colón (A Coruña)

Entradas: 13,00 / 15,00 € (Principal 1ª fila – visibilidade reducida; 11,00 €) (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas, -20%) (Familia numerosa, -25% (só no despacho de billetes)

(Todos os que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada)

(Os beneficiarios de descontos deben presentar o documento que acredite o desconto no momento de acceder ao teatro)  

Gala 40 anos de Música Tradicional Xacarandaina

Co gallo do 40 aniversario do Grupo de música e baile  tradicional Xacarandaina farase unha gala no Teatro Colon de A Coruña para presentar o seu novo disco “40Xacas”.

 

Será unha gala feita especificamente para a ocasión na que o obxectivo principal será promover e divulgar o noso arte inmaterial, facendo que o espectador viaxe no tempo atraveso das melodías e ritmos de Galicia.

 

Para isto farase unha escolla de entre máis de 1000 melodías diferentes de todo o territorio galego, froito do traballo de campo que fixo Xacarandaina.

A singularidade deste espectáculo será volver poñer enriba das táboas músicas e cancións que se estrearon hai anos e que non se volveron a tocar, poñéndoas outra vez en repertorio, e así poder amosar a evolución da música tradicional galega escénica desde 1979 até hoxe en día, facendo un espectáculo de grande valor escénico, histórico e etnográfico.

Nesta gala actuarán máis de cincuenta artistas entre pandereteiras, músicos, gaiteiros, percusionistas, cantareiros e coro. 

Con un deseño de luces creado adrede,  unha coidada posta en escena e os sucesivos cadros do espectáculo, conseguiremos que esta Gala do 40 aniversario de Xacarandaina sexa algo único e que espectador aprenda e disfrute a un tempo.

Isto será en A Coruña o sábado 6 de abril ás 20:30h no Teatro Colon onde tantos éxitos ten conseguido Xacarandaina ao longo da súa historia.

 

 

 

 

 

También podría interesarte...