Orquestra Vigo 430

Vigo 430 é un proxecto de música clásica que se está consolidando como referente na forma de traballo orquestral na comunidade de Galicia. O Proxecto está a mostrar o gran potencial dos músicos galegos para o traballo a nivel profesional en formacións sinfónicas, enchendo o importante baleiro nese eido no que se atopa o sur de Galicia. A Vigo 430, nas súas tres formacións -Sinfónica, Barroca e Xove- ten como características diferenciais doutras formacións do seu entorno o traballo profesional con músicos galegos, a colaboración con músicos de primeira orde internacional, e o ofrecemento dunha programación diferente e cun claro compoñente galego.

También podría interesarte...