Evento terminado

Entradas para Placeres Ocultos - Vessel + Atillla

Placeres Ocultos - Vessel + Atillla

Información adicional

Placeres Ocultos - Vessel + Atillla

  • 28 ene 2015
  • desde 0,00 €
  • Fundación SGAE, Santiago de Compostela mostrar mapa
Información del evento

 

O BRITÁNICO VESSEL E O PORTUGUÉS ATILLLA PROTAGONIZAN UNHA NOITE DE ELECTRÓNICA VANGARDA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA O VINDEIRO 28 DE XANEIRO

 

 

O músico e produtor británico Vessel e o portugués Atillla ofrecerán un dobre concerto en Santiago de Compostela o mércores 28 de xaneiro. As actuacións terán lugar na sede da Fundación SGAE e comezarán ás 21.00 horas. Esta programación enmárcase dentro do Ciclo Placeres Ocultos organizado por de Desconcierto Cultural e do ciclo Compostela Rock, organizado polo Concello de Santiago de Compostela. As entradas anticipadas custan 10€ e no despacho de billetes 13€. Os socios de Desconcierto Cultural poderán adquirir os seus billetes por 7€.

 

Sebastian Gainsborough, máis coñecido como Vessel, procede de Bristol e forma parte do colectivo orixinario da súa cidade Young Echo, un movemento que alcanzou recentemente unha importante notoriedade ao ser portada dunha das edicións da prestixiosa revista Wire. A proposta de Gainsborough é ecléctica e nela conflúen o dark ambient, o dubstep, e mesmo o techno. Tras varios EP e dous LP ás súas costas, Vessel percíbese como un dos renovadores da nova electrónica británica.

 

Membro do selo Tri Angle xunto a nomes esenciais como Holy Other ou The Haxan Cloak, Vessel presentará en Compostela o seu último traballo, Punish, Honey (Tri Angle, 2014), que inclúe temas tan sobresaíntes como "Anima" ou "Red Sex".

 

Pola súa banda, a obra do portugués Atillla poderíase etiquetar baixo o concepto de witch house. As súas composicións son escuras, de corte minimalista, e con escasas, inda que contundentes, variacións harmónicas. A crítica e o público coincidiron en loar o seu directo, que complementa con proxeccións en vídeo, calculadas ao milímetro.

También podría interesarte...